Saltar ao contido

Dividir a conta sen botar contas.

A mesa elixe como dividir a conta: por pratos, a partes iguais ou polo importe que queira cada un. Cada comensal paga a súa parte desde o seu móbil, e o que xa está a pagar un queda bloqueado para os demais, así que ninguén paga dúas veces.

Gratis durante o lanzamento. Sen tarxeta.

Conta da mesa dividida por pratos desde o móbil
Sempre cadra

O que paga un queda bloqueado para os demais.

En canto alguén comeza a pagar un prato, os demais veno ocupado. A conta sempre suma o que ten que sumar.

Pratos para compartir

Repártense entre a mesa.

Marca na carta os pratos para compartir: ao pagar por pratos, divídense a partes iguais entre os que están na mesa.

Convidar a mesa

Unha ou varias persoas pagan por todos.

Os que convidan elixen pagar a partes iguais entre eles ou cada un o que queira.

Para o camareiro

Ve quen pagou que.

Na súa tableta, cada mesa co pagado e o pendente, e quen falta por pagar.

Tableta do camareiro coas mesas que o necesitan

Funciona con

  • Redsys
  • Bizum
  • Apple Pay
  • Google Pay

Bizum, Apple Pay e Google Pay a través de Redsys. Os métodos dependen do provedor que conectes.

Preguntas frecuentes.

Outra dúbida? Escríbenos.

Como se divide a conta por pratos?

Cada un marca os seus pratos no móbil e paga esa parte. Os pratos para compartir repártense entre a mesa.

Que pasa se dúas persoas intentan pagar o mesmo?

Non pode pasar: en canto alguén comeza a pagar un prato, queda bloqueado para os demais.

Pódese dividir a partes iguais só entre algúns?

Si, convidando a mesa: os que convidan elixen pagar a partes iguais entre eles ou cada un o que queira.

E se alguén paga en efectivo?

Pide a conta desde o móbil e o camareiro cobra a súa parte; a conta da mesa actualízase para todos.

Segue lendo.

O servizo desta noite podería ser máis doado.

Comeza gratis Gratis durante o lanzamento. Sen tarxeta.