Saltar ao contido

Gratis durante o lanzamento.

brigetto é gratis mentres dure o lanzamento, con todas as funcións e sen comisión por pedido. Quen xa o use pagará despois só o 50 %. Sen tarxeta.

Como funciona o lanzamento.

  1. Agora Gratis, con todo incluído.

    Todas as funcións, sen tarxeta e sen comisión por pedido.

  2. Cando activemos os plans Se xa o usas, pagas a metade.

    Avisámoste con 30 días, e lembrámoscho 7 días e 1 día antes. Non se cobra nada sen que elixas un plan. Desde entón pagas sempre o 50 % do prezo vixente, aínda que cambies de plan ou de ciclo.

  3. Se comezas despois 30 días de proba e prezo completo.

    Unha conta creada cando os plans de pagamento xa estean activos comeza a súa subscrición cunha proba de 30 días e paga o prezo completo.

Os plans son por conta, segundo o número de locais (1, ata 5, máis de 5), mensuais ou anuais.

Os plans.

Un prezo por conta, segundo cantos locais teñas. Mensual ou anual. Todas as funcións en todos os plans. O día que activemos os plans de pagamento, cada conta recibirá un aviso de 30 días por correo.

Período de facturación

Prezos antes de impostos.

Opcional, desde que activemos os plans de pagamento: quita «Powered by brigetto» por 1 €, 5 € ou 15 € máis ao mes, segundo o plan. Se comezaches durante o lanzamento pagas o 50 %.

Incluído en todos os plans.

O que non cobramos.

  • 0Comisión por pedido
  • 0Comisión por pagamento
  • 0Alta ou instalación

Cada local cobra co seu propio Redsys, e paga só o que lle cobre o seu banco ou a súa pasarela.

Preguntas frecuentes.

Outra dúbida? Escríbenos.

Necesito tarxeta para comezar?

Non.

Ata cando é gratis?

Ata que activemos os plans de pagamento. Avisarémoste con 30 días de antelación.

Que é exactamente o 50 %?

Se xa usas brigetto cando comecemos a cobrar, pagarás sempre a metade do prezo vixente do teu plan.

Perdo o desconto se cambio de plan?

Non. O desconto é da túa conta e só se perde se a borras.

E se non elixo plan cando comece o cobramento?

A conta non pode seguir ata que elixas un plan e pagues, coma calquera proba que remata, e conserva o desconto para cando o fagas.

Os prezos inclúen impostos?

Non. Os prezos de brigetto amósanse antes de impostos. Os impostos da túa carta son outra cousa: cada restaurante configura os seus para os seus clientes.

Como funciona o pagamento anual?

Un ano custa 10 mensualidades en lugar de 12: 490 €, 1.290 € ou 2.290 € ao ano, segundo o plan.

E se teño máis de 10 locais?

O plan de máis de 5 locais inclúe ata 10. Cada local a partir de aí suma 19 € ao mes, ou 190 € ao ano.

Podo quitar «Powered by brigetto»?

Si, cun paquete opcional que se vende desde que activemos os plans de pagamento: 1 €, 5 € ou 15 € máis ao mes, segundo o plan. Se comezaches durante o lanzamento pagas o 50 %.

O servizo desta noite podería ser máis doado.

Comeza gratis Gratis durante o lanzamento. Sen tarxeta.